A Xunta declara ao sapoconcho "en perigo de extinción"

A Xunta prepara un plan para a protección da especie

| Santiago. Redacción | Seccións: Ciencia
Compartir:

A Xunta aprobou hoxe o proxecto de decreto do plan para a recuperación do sapoconcho común (Emys orbicularis L.), unha senlleira especie dos humidais galegos que se atopa nunha difícil situación. Segundo un estudo da Universidade de Vigo, o número total de individuos estimados non supera o centenar de adultos por hectárea nas áreas do sur de Galicia onde se pode atopar: o río Arnoia, o Avia, as Gándaras de Budiño e nos humidais de Corrubedo. O plan contempla a definición do sapoconcho como "especie en perigo de extinción" e, xa que logo, unha serie de prohibicións respecto da súa captura, venda ou sacrificio.

Que che parece esta nova?
47 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Budiño, Universidade de Vigo, Corrubedo

Claves

Protagonistas
Lugares