O Parque Natural de Corrubedo e Monte Louro, en Muros son as primeiras zonas nas que se inicia o plan de restauración das zonas protexidas que acaba de poñer en marcha a ConsellarÃa de Medio Ambiente a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza. As medidas inclúen accións especÃficas para cada zona, de tal xeito que algunhas tratarán a prevención contra a erosión do chan, outras a recuperación dos muros que conteñan posibles escorrentas ou garantirán alimentos á fauna que habitualmente pace neste espazo natural. As medidas foron tomadas nunha xuntanza á que asistiron diferentes expertos, co director xeral de Conservación da Natureza, Xosé Benito Reza e co xefe da Demarcación de Costas do Ministerio de Medio Ambiente, Rafael Eimil, quen garantiu toda a colaboración necesaria para as actuacións de restauración nas zonas do litoral afectadas polos lumes. Polo demais, Medio Ambiente cuantificou en 2.000 hectáreas a superficie da Rede Natura afectada polo lume.
Máis información sobre as medidas decididas poar Medio Ambiente no web da Xunta e en Vieiros