A Consellaría de Medio Ambiente constataba que existía un desfase entre a superficie do territorio que facía parte da Rede Natura e a superficie con riqueza ambiental do noso contorno. Para corrixir ese desequilibrio, a consellaría acaba de anunciar un incremento do 20% no espazo incluído dentro da Rede Natura. Un feito que suporá que abandone a cola estatal de chan baixo esta protección para superar a media europea. Esta medida tamén suporá o incremento dos Lugares de Importancia Comunitaria (LIC) e zonas de especial protección de aves (ZEPA).
Máis información en Galicia Hoxe