O conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, revelou esta mañá a proposta de ampliación da Rede Natural 2000 de espazos protexidos. Segundo revelou, a Xunta quere incrementar a superficie desta rede mediante a creación de 21 novos Lugares de Interese Comunitario (LIC), asà como a ampliación doutros 28 xa existentes. En total, o incremento previsto será de 147.851 ha, co que un 15,2% do territorio estará incluÃdo nesta figura, repartido entre 59 Lugares de Interese Comunitario e 16 Zonas de Especial Protección para as Aves Galicia fora apercibida pola Comisión Europea pola escasa porcentaxe de terreo protexido deste xeito, ata o de agora un 12%.
Na presentación desta ampliación, Medio Rural salientou que son moitos os lugares de Europa que non completaron aÃnda a súa designación de superficies e apuntou que a ampliación se realizou atendendo á mellorar a representación de determinados tipos de hábitats e especies e ás insuficiencias detectadas pola Comisión Europea segundo rexións bioxeográficas. Ademais, está prevista a aprobación dun Plan Director da rede, que abrirá en breve a fase de alegación e que xa motivou as protestas de diferentes colectivos ecoloxistas.
Entre os LICS de nova creación atópanse algúns como o do rÃo Sor, Serra de Foncuberta, o complexo Miño-Neira, o rÃo Arnoia, as Serras do SuÃdo e da Groba, a Costa de Oia ou a Illa de Cortegada, entre outros.