A Xunta anuncia sen data a ampliación da Rede Natura

O prazo que deu a Comisión Europea para presentar unha proposta remata en decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

Aínda que sen dar datos concretos, o director xeral de conservación da Natureza, Ricardo García-Borregón, anunciou onte que a Xunta ampliará a superficie da Rede Natura nun 40%. Segundo adiantou onte en comisión parlamentaria antes de fin de ano iniciaranse os trámites neste sentido. Desde a oposición lembrouse que o prazo que deu a Comisión Europea para ampliar os espazos protexidos con esta figura remata o vindeiro sete de decembro. Galicia é unha das comunidades con menor superficie dentro da rede en todo o Estado, e de non a ampliar en prazo pode enfrontarse a sancións.

Que che parece esta nova?
25 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Natura, Comisión Europea, Natureza

Claves

Entidades