A Xunta prepara un plan para restaurar os espazos da Rede Natura 2000 afectados polo lume

Restauración en verde

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:
A recente vaga de incendios que viviu o noso país provocou a devastación de importantes áreas protexidas no noso país. Para rexenerar estes danos, o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, anunciaba o sábado durante unha visita ao incendiado monte Pindo, en Carnota, a posta en marcha dun plan de rexeneración ambiental que comezará nas zonas protexidas pola Rede Natura 2000. O primeiro paso será realizar estudos científicos para optimizar o proceso de repoboación forestal. Ademais, incrementarase a vixilancia sobre estas zonas, e a medio prazo agárdase ampliar este proxecto a toda Galicia.

Máis información no web da Xunta e en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rede Natura, Carnota, Manuel Vázquez, La Voz de Galicia

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares