O Play-Doc recorre ao crowdfunding para completar o seu financiamento

Dez títulos galegos fan parte da programación do festival

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

O Festival de Documentais de Tui, Play-Doc, chama á colaboración económica dos seus seguidores para completar o financiamento da súa edición deste ano. Os interesados poderán facer achegas a partir de dez euros, que dan dereito a unha chapa e a descontos nas entradas a concertos. A partir dos cincuenta, un pase especial permitirá o acceso gratuíto a todas as actividades. Canda a isto, a organización adiantou hoxe que no evento proxectaranse dez filmes galegos. Vikingland, de Xurxo Chirro competirá canda a outros catro títulos na sección oficial.

Canda a el, poderán verse Ecos del bosque, Na vibración da terra e Na
vibración da auga
de Lois Patiño, a serie Pantasmas de Ángel Santos, A muller do Eternauta, de Adán Aliada, e Tralas luces, de Sandra
Sánchez. Tamén fai parte do programa os traballos en desenvolvemento de Pela del Álamo e Víctor Hugo Seoane, N-VI e Lugares no tempo.

O festival celébrase entre os vindeiros 21 e 25 de marzo.

Que che parece esta nova?
24 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Play-Doc, Documentais, Tui, Ángel Santos...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares