O Play-Doc proxectará sete filmes galegos

Unha retrospectiva de Claire Simon e The Legendary Tigerman completan o programa

| Santiago. Redacción | Seccións: AVG
Compartir:
O Play-Doc proxectará sete filmes galegos

Os responsables do festival internacional de documentais de Tui, Play-Doc, presentaban esta mañá o programa da XI edición, que se celebrará entre o 22 e o 26 de abril. Para alén dos sete títulos que competirán na sección oficial, xa anunciados, o evento acollerlá a proxección doutras tantas producións galegas. Traballos de Xacio Baño, Marcos Nine, Eloy Domínguez, Xisela Franco, Álvaro Fernández-Pulpeiro e Miguel Mariño exhibiranse no festival.

Ademais, unha retrospectiva amosará sete traballos da francesa Claire Simon, con títulos como Les patients, Géographie humaine, Gare du Nord ou Mimim.

Pola banda do Play-Doc Live! 1906, no que se exploran as relacións entre documental e música, o protagonista será nesta xeira o artista portugués The Legendary Tigerman, que actuará na vial tudense e que ademais protagoniza o filme True, centrado na súa figura.

O festival completa a súa programación con dúas sesións especiais dedicadas respectivamente ao luso Manuel Mozos e ao recentemente falecido Albert Maysles.

Que che parece esta nova?
45 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Para saber máis
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Play-Doc, Eloy Domínguez, Marcos Nine, Xacio Baño...