Lima Independente exhibirá o traballo de Xurxo Chirro, Vikingland

Lois Patiño foi encargado de facer a cabeceira desta edición do certame

4/6/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Ten só tres edicións, pero é un dos certames iberoamericanos que prestan unha maior atención ao cinema de certo risco artístico. Organizado pola Asociación Peruana do Cinema Independente, Lima Independente (17-19 de xullo) contará con presenza galega. Dunha banda porque Lois Patiño foi o encargo de facer a cabeceira do certame. Da outra porque se proxectará o traballo de Xurxo Chirro, Vikingland na sección fronteiras destruídas. No marco desta sección proxectaranse cinco títulos que, en palabras da organización, “son fimes que, na súa transgresión, aumentan os retos, escarban, dinamitan”.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lois Patiño, Cine, Museo de Arte Contemporánea de Vigo (MARCO)

Claves

Protagonistas
Conceptos