Denuncian que o pazo medieval de Diomondi continúa sen ser reconstruído

A fachada derrubouse hai xa 14 meses

15/2/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
23 lecturas | Compartido 0 veces

Hai catorce meses derrubouse a fachada do pazo medieval de Diomondi, no concello de O Saviñao, unha das xoias medievais da Ribeira Sacra. Desde aquela, o Bispado de Lugo realizou unhas obras urxentes de apuntalamento do resto da estrutura desta antiga residencia veraneira dos bispos lucences para evitar que todo se veña abaixo, pero non se acometeu a reparación da fachada derrubada. Segundo publicou hoxe El Progreso, o PSOE local recolleu as reclamacións dos veciños e solicitou ao Bispado e á Consellería de Cultura a rehabilitación do inmoble "o antes posible".


Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con PSOE, Consellería de Cultura, El Progreso, Ribeira Sacra...