Derrúbase a fachada do Pazo episcopal de Diomondi

É un dos poucos edificios do románico civil de Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Pazo de Diomondi, no concello lugués do Saviñao, é un dos poucos exemplos de románico civil (edificios que non son igrexas) que conservamos en Galicia. O edificio levaba en ruínas moito tempo, pero o tellado, que caera, fora substituído no 2003 para evitar que se seguiran producindo filtracións e humidades. A intervención non abondou para evitar o desastre: o mércores derrubábase parte da fachada deste pazo medieval, un dos poucos exemplos que conservamos en Galicia dun edificio do século XIII e lugar de descanso dos bispos de Lugo.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo

Claves

Lugares