A igrexa de Vilar de Donas (Palas de Rei), declarado monumento histórico-artÃstico en 1931, está de aniversario. O mestre de obra esculpiu no lintel da porta sur a data do 15 de outubro de 1224 para a finalización das obras dun dos mellores exemplos de arquitectura medieval do Camiño Francés en Galicia. Para celebralo, a asociación do románico galego O sorriso de Daniel editou un novo calendario para este ano 2024. A partir das fotografÃas de Sole Felloza, percórrense os principais elementos arquitectónicos da fábrica medieval, aÃnda que tamén se concede espazo a outras notables caracterÃsticas do edificio, como as pinturas murais da ábside, datados na primeira metade do século XV. O calendario atópase á venda, co importe destinado ao soporte das actividades do Sorriso de Daniel.