Os organizadores do Premio Literario Arcebispo Juan de San Clemente, que escollen cada ano alumnos de secundaria de toda Galicia, deron a coñecer onte os finalistas desta XVIII edición. A veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda, O bebedor de rakia, de Manuel Marcos, e Extramunde, de Xavier Queipo son as obras que optan ao galarón en lingua galega.
En castelán, compiten Juan Marsé con CaligrafÃa de los sueños, Juan Gabriel Vázquez con El ruido de las cosas al caer e mais Marina Mayoral con Deseos. Finalmente, no campo internacional, os finalistas son Siete años, de Peter Stamm, El mapa y el territorio, de Michel Houellebecq Purga, de Sofi Oksanen.
Os coordinadores anunciaron asimesmo que o vindeiro 22 de marzo entregaránselle os premios aos gañadores da XVII Edición, Xulia Alonso, Eduardo Mendoza e Colm TóibÃn, ás sete e media da tarde.