Un curso quere formar especialistas na recollida de topónimos

Desenvolverase ao longo das fins de semana de marzo en Vigo, Pontevedra e Gondomar

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Recoller toponimia ten a súa ciencia. Para formar especialistas no rescate e identificación en nomes de lugar do noso país, convócase, da man do Instituto de Estudos Miñoranos e os concellos de Vigo, Pontevedra e Ourense un curso de formación de especialistas neste ámbito. Entre outras cuestións trataranse a problemática do traballo de campo ou a relación entre toponimia e antropoloxía, coñeceranse experiencias de traballo tanto de Galicia como de fóra e abordaranse as ferramentas informáticas de utilidade para este labor.

O curso desenvolverase os venres de sábados do mes marzo, rotando a súa sede entre Vigo, Pontevedra e Gondomar. Están dispoñibles corenta prazas a un prezo de 30 euros de matrícula, e existe a posibilidade de participar con posterioridade a esta formación en prácticas remuneradas.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vigo, Pontevedra, Antropoloxía, Ciencia...