Expertos debaterán sobre as relacións entre toponimia e cartografía

O ILG organiza un simposio entre o 20 de outubro e o 6 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Expertos debaterán sobre as relacións entre toponimia e cartografía

Destacados expertos en toponimia e en cartografía de todo o Estado reflexionarán na Facultade de Filoloxía da USC sobre as relacións entre estas dúas disciplinas. Son especialistas en xeografía, historia, dialectoloxía e historia da lingua que nos seus traballos tiran rendemento da representación cartográfica dos nomes de lugar. O simposio acollerá tamén presentacións e reflexións sobre o estado de desenvolvemento proxectos cartográficos e toponímicos en curso e está organizado polo Instituto da Lingua Galega en colaboración co Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ILG, Xeografía, Lingua galega, USC...