O ILG celebra 30 anos de estandarización do galego

Organiza un simposio co título Un galego común, fiel a si mesmo

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Cartel do simposio 2012 do ILG

Cartel do simposio 2012 do ILG

Hai trinta anos que se aprobaban, da man do Instituto da Lingua Galega (ILG) e da Real Academia, as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galega. A conmemorar este aniversario, o ILG organiza o simposio Un galego común, fiel a si mesmo. Trinta anos de estandarización: 1982-2012, que se celebrará entre o 11 e o 20 de decembro na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago. Membros históricos desta institución como Antón Santamarina, Manuel González ou Xosé Luís Regueira abordarán diferentes cuestións sobre o proceso de estandarización. Pola súa banda, convidados de Portugal, Brasil e Cataluña reflexionarán sobre procesos equivalentes nos seus propios países. O encontro organízase en colaboración co Consello da Cultura Galega.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con ILG, Manuel González, Antón Santamarina, Xosé Luís Regueira...