Aparecen en Santiago as dúas esculturas roubadas da Lalín Pork Art

A súa desaparición provocou a cancelación dunha exposición prevista nas rúas da cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Aparecen en Santiago as dúas esculturas roubadas da Lalín Pork Art

De madrugada e moi preto do lugar no que foron subtraídas apareceron as dúas esculturas que conforman a mostra de rúa Lalín Pork Art que se desenvolvía en Santiago. O concello compostelá decidiu a retirada de toda a mostra, organizada para promover a Feira do Cocido da localidade pontevedresa, ao non poder garantir a permanencia das pezas na rúa. A subtracción de dúas obras implicou, ademais, a decisión do concello de cancelar unha mostra colectiva que tiña previsto desenvolverse nas rúas do ensanche en dous meses. As pezas roubadas xa están nas dependencias da Policía Local e do Departamento de Parques e Xardíns.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lalín, Feira

Claves

Conceptos
Lugares