LalÃn celebrará este domingo 12 de febreiro a XLIV edición da Feira do Cocido. Unha celebración gastronómica que conta con dúas actividades culturais, a LalÃn Pork Art, unha adaptación da Cow Parade, e a exposición EmpocARTE, que son hoxe noticia por feitos ben diferntes. A primeira porque, tralo roubo de dúas esculturas con forma de porco que se exhibÃan nas rúas de Santiago, o concello decidiu retiralas. A segunda, porque a exposición se inaugurou cunha protesta colectiva trala decisión e vetar unha das obras, unha escultura dun porco ataviado coma un santo. A obra vetada é Ara Procis, de Mamu Mimé. Ademais, outro artista, Javier Iván Hita tamén denunciou que a súa obra fora alterada.
A desaparición de dúas pezas da LalÃn Pork Art das rúas de Santiago traerá consecuencias, segundo publicou La Voz de Galicia na súa edición de sábado. A primeira, e máis inmediata foi a retirada das obras desta actividade organizada polo concello de LalÃn por non poder garantir a seguridade. A segunda é a supresión “indefinida” dunha exposición que estaba prevista para o mes de abril polas rúas de ensanche con artistas.