A USC publica as actas das II Xornadas Educación e linguas en Galicia

Recollen experiencias de dinamización en centros de ensino de todo o país

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

A planificación para a normalización lingüística nos centros de ensino non universitarios é o título do libro electrónico que se presentaba esta mañá na Universidade de Santiago. A publicación recolle as actas das II Xornadas Educación e linguas en Galicia, que se desenvolveron en decembro de 2010. Entre outros contidos o volume, que está dispoñible integramente en pdf, recolle intervencións que analizan temas como o Decreto para o plurilingüísmo e amosa toda unha serie de experiencias encol da lingua que se desenvolven en centros de ensino de todo o país.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ensino, Educación, USC, Normalización Lingüística

Claves

Entidades
Lugares