Un novo medio abre hoxe en Galicia. Praza Pública salta á rede buscando dar unha nova voz informativa na nosa lingua e centrada na nosa realidade. Para alén da aposta editorial, o proxecto busca, nestes tempos de crise, un novo modelo de funcionamento, baseado no compromiso cos lectores. Novagalicia Banco, a incineradora do Irixo ou as últimas entrevistas a DÃaz Pardo abren o pano no primeiro dÃa do medio.
Esta mesma mañá estréase na rede Praza Pública o novo medio web que nace neste paÃs. Sae co nivel de contidos co que contará a edición dun dÃa calquera, segundo asegura o director do medio, Marcos Pérez Pena. "O groso do proxecto máis estritamente xornalÃstico está en marcha. SaÃmos cun nivel de publicación como o que teremos nun dÃa normal". Faltan unicamente por implementar as partes máis sociais do proxecto. Unha redacción fixa de dimensións reducidas, composta na actualidade por tres persoas, o propio Pérez Pena, Lara Graña e mais David Lomba apoiado por aproximadamente unha decea de colaboradores estables a nivel informativo, entre os que apuntan os nomes de Rosabel Candal, Marga Tojo, Alberto Ramos, Montse Dopico, Miguel Pardo, Belén Puñal, Laura RuÃz, Rebeca Fernández, Marcos Sueiro ou Roberto Noguerol. A eles sumaranse aÃnda colaboracións concretas "Contactamos cunha rede bastante ampla, porque hai moitÃsimos xornalistas que non teñen traballo ou están a a traballar como freelance para medios onde non poden elaborar a información que quererÃan. SaÃmos con xente que, non por casualidade, participou en proxectos como Vieiros, A Nosa Terra, Galicia Hoxe ou Xornal.", lembra o director. Canda a isto, o medio aposta por un nutrido cadro de colaboradores de opinión, no que se atopan un bo feixe de nomes de peso canda a plumas novas.
Só para Internet
Chama a atención que, nun momento no que se están a redefinir os modelos de explotación dos medios dixitais e a súa relación con cabeceiras impresas, Praza opte unicamente por Internet como soporte. "A rede non é só o futuro da información, é o presente, tanto da escrita como do multimedia", asevera Pérez Pena, "mesmo aqueles medios que nacen orientados cara ao papel hai que os pensar na rede". Para alén dos medios en si, o director da nova cabeceira considera que Internet oferta grandes posibilidades para o noso idioma, a teor das experiencias xa pasadas. "Dentro da debilidade que pode ter o galego fronte ao castelán, a rede a nivel de medios en Galicia é un espazo por conquistar e no que cómpre un menor investimento inicial do que para un medio convencional. Entón é tmaén onde a lingua galega ten máis posiblidades de triunfo. Hai uns anos estaba claro que os mellores medios do paÃs non eran os que se facÃan en castelán. Vieiro, A Nosa Terra ou, a nivel máis especializado Culturagalega.org ou outras tiñan mellor calidade do que as apostas por medios impresos por se posicionar galego. AÃnda que agora a nosa lingua perdeu moito peso neste campo na rede, ten grandes posibilidades para se posicionar ben".
O referente
Ao falarmos de Praza Pública é inevitable falarmos do exemplo pioneiro nos medios dixitais do paÃs que foi Vieiros. O propio Pérez Pena non refuga a referencia e recoñece que "Hai que aprender moitas cousas, do bo e do malo". A marcar diferenzas, apunta que "Vieiros foi mudando co tempo. Nós nacemos coa vontade de estar axustados ao paÃs e ao momento no que nacemos.Imos ter que ser máis selectivos do que era Vieiros, que ao mellor podÃa tirar trinta novas no dÃa no seu momento. Nós temos unha redación máis pequena e tentaremos facer cousas en profundidade, aÃnda que só poidamos tratar uns poucos temas cada dÃa". En paralelo, no entanto, o medio contará cunha área na súa capa para a actualidade máis estrita, e canda á información elaborada na casa, achegará tamén unha selección de contidos de medios internacionais. A nivel de organización de contidos, o proxecto avoga por contar na súa capa con contentores centrados en temas de actualidade, ao xeito de dossieres que se vaian actualizando con información. PolÃtica (Galega e estatal), Mundo, Movementos sociais (ecoloxÃa, economÃa solidaria, consumo), Cultura, EconomÃa, eportes, Ciencia e TecnoloxÃa e Internet son as seccións nas que se estruturará o medio.
Recoller fluxos
De xeito semellante a aquel Vieiros que comezou como "O barrio galego en Internet", Praza Pública aspira a ser un punto de encontro para fluxos de información e de opinión que, en ocasións, xa existen na rede. "Agora mesmo Internet medrou moito e hai unha creatividade moi grande que ás veces cómpre percibir na súa totalidade ou que se achan diseminados polas redes sociais. Queremos facernos eco dos fluxos que existen na rede galega, iso é algo que aprendemos de Vieiros, asà como o tratar temas que outros medios non tratan". Asà o demostra a aposta pola figura dos colaboradores, xa comentada, e a idea de incorporar blogs temáticos propios. "Haberá como 15 ou 20 especializados en diferentes áreas ou que acheguen perspectivas concretas sobre a actualidade. Falamos de temas como consumo, baloncesto, sexo ou propostas feitas desde Cataluña, Bos Aires ou Brasil". Canda a isto, tamén se creará unha sección que lles permita aos lectores achegar directamente a súa información. Son precisamente estes os apartados que están pendentes de se pór en marcha no web do proxecto, e que se agarda vexan a luz para mediados de febreiro.
Compromiso
Para alén, de nun momento no que os medios en galego están a sofrer unha fonda crise, Praza Pública no só estará integramente na nosa lingua, senón que ademais só existirá como cabeceira na rede. O contexto de crise económica e a mingua nos ingresos publicitarios fan que o novo medio aposte por un xeito de financiamento no que prima o compromiso cos lectores, tamén a nivel económico. Amparado baixo a forma legal dunha fundación, o proxecto prevé que sexan achegas voluntarias as que o sosteñan en grande medida. "Imos ter publicidade, e prevemos que grande parte dos ingresos veñan de aÃ, pero non será a fonte maioritaria", apunta Pérez. "Nós apostamos por ser un medio gratuÃto, sen contidos fechados para subscritores. Entón chamamos aos lectores para se impliquen no nacemento e sustentabilidade de Praza ao longo do tempo". Na aposta por este modelo, para alén da necesidade económica, está tamén unha concepción do papel social dos medios. "É bo que a xente se vaia concienciando de que, fóra de que estean máis ou menos suxeitos a contextos polÃticos, os medios dependen de que os paga. Quen paga manda, e mellor que paque o lector do que depender só de anunciantes ou investidores externos. Supón un acto de responsabilidade cidadá soster os meios que un pensa que o representan ou que contan unha versión da realidade máis afÃn. Penso que éo futuro do medios, cando menos para os que apostamos por un xornalismo independente das axudas públicas".
Apoio continuado
Logo da campaña para pór a andar a iniciativa, que logrou fondos abondos para garantir o funcionamento do novo medio durantes uns meses, Praza Pública artella agora avanzar nos sistemas para garantir a súa viabilidade económica am edio prazo "Queremos que o apoio sexa continuo, e pensamos que hai xente que fixo unha contribución inicia xa pensando en que sexa como unha subscrición anual. No propio dÃa do lanzamento presentamos unha cantidades de referencia neste sentido, non outorgan dereitos especiais pero queremos que se entenda, ao igual que fan medios com Vilaweb ou Periodismo Humano, que estás a pagar como un euro á semana por un medio que che gusta a ler". Nesta mesma liña de conexión cos lectores, o medio comprométese a publicar de xeito periódico o estado das súas contas e as súas vÃas de ingresos. O xornal comprométese a enviar dosieres coas mellores informacións de cada mes e, a depender da contÃa achegada, mesmo libros a compilar material que saÃse no medio. "Estamos a chegar a acordos editoriais para a coedición de libros", explica Pérez Pena. Coleccións de reportaxes sobre temas concretos, ou mesmo propostas ensaÃsticas orixinais, comporán a futura colección de obras publicadas da man de Praza.
Agardando o desenvolvemento desta proposta, continúa a agarda polos outros anunciados proxectos de xornalismo na nosa lingua. Praza pública e Dioivo están tamén a ultimar os seus propios lanzamentos, prometendo mudar un panorama que nos últimos anos sofreu de xeito tráxico as consecuencias da crise económica. Benvidos sexan.