Praza inicia hoxe a súa nova etapa acompañado da nova revista VINTE

O novo deseño incide en facerse máis accesible e dar servizos exclusivos para suscriptores

| Santiago. Redacción | Seccións: ComunicaciónSociedade
Compartir:
Imaxe:: PRAZA

Imaxe:: PRAZA

Xa está na rede a nova etapa do xornal dixital Praza.gal. Cun novo deseño e co engadido do nacemento do seu engadido, a revista VINTE. Detrás destes cambios esta o traballo do Laboratorio NUMAX. Entre as novidades que trae a plataforma de Praza está a zona de socias e socios, nela ofreceranse adiantos informativos, contidos exclusivos e outras vantaxes que reforzan o valor de facerse socio de Praza a través da Fundación Praza Pública, algo que tamén se facilita na nova web. VINTE nace dirixido pola xornalista María Yáñez e enfocado cara o público novo desta segunda década do milenio, como un espazo desde o que "retratar e proxectar a Galicia dos anos VINTE", cunha forte aposta polos contidos audiovisuais, polas novas linguaxes e pola distribución nas redes sociais. VINTE publicará novos contidos case a diario, e terá a súa propia zona de socias/os para as persoas que se queiran subscribir e poder acceder así a distintas vantaxes e contidos premium. Grazas a estes cambios no deseño Praza.gal aparece moito máis adaptado aos dispositivos móbiles, ofrecendo unha experiencia de lectura e navegación moito máis áxil e completa, ademais dunha mellor integración do contido multimedia.

Que che parece esta nova?
68 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Abre a Praza

Abre a Praza

O xornal dixital Praza Pública inicia a súa actividade chamando ao apoio dos lectores

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con praza.gal, María Yáñez, Numax, Medios de comunicación

Claves

Protagonistas
Entidades