A CRTVG renova o seu sitio web apostando por un "formato multisoporte"

Mellórase a integración coas redes sociais e a oferta de contidos á carta

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

Nun acto celebrado hoxe á mañá no Estudo 5 da Televisión de Galicia, a CRTVG presentou o novo web da compañía. A nova versión levaba en fase "beta" (en probas) desde o 17 de maio, pero foi hoxe cando iniciou oficialmente as súas actividades substituíndo á anterior. Cunha importante reforma de deseño, o novo web reestrutura os contidos e incorpora outros novos, como unha canle temática da escultura onde se amosan vídeos e reportaxes que identifican a cada concello galego, ou unha base de datos coa información das producións audiovisuais participadas pola compañía. Ademais, o servizo incorpora máis contidos á carta. "Atendemos ás demandas dos usuarios do servizo e incorporamos todos os capítulos de series antigas como Mareas Vivas ou Pratos Combinados. Sánchez Izquiero, director xeral da CRTVG, destacou o éxito dalgunhas das novas propostas, como a canle deportiva, e enfatizou que o novo web está optimizado tamén para teléfonos e tablets. Para Esther Medina, un dos elementos importantes é a aposta da nova versión pola integración coas redes sociais e "a gran conversa" que é Internet.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Internet, Televisión de Galicia, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)