A CRTVG pon en liña as súas series

O web Enserie.gal permite visualizar, votar e acceder a contidos extras destas producións

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A CRTVG pon en liña as súas series

Desde Mareas Vivas a Serramoura, a pasar por Matalobos, Padre Casares ou Pratos Combinados. A Compañía de Radio Televisión de Galicia acaba de presentar Enserie.gal, un espazo web no que recolle unha selección das 17 series con máis repercusión das producidas e emitidas por esta canle. Aínda que o proxecto estreará en marzo a súa visión definitiva, xa se poden consultar os capítulos, participar nas votacións para escoller as mellores producións ou acceder a contidos especiais como making of, curiosidades, reportaxes ou novas. O web inclúe tamén un blog que achegará a actualidade sobre as series do país.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CRTVG, Serramoura, Televisión de Galicia, Corporación de Servizos Audiovisuais de Galicia (CSAG)