Unha lección maxistral sobre os Irmandiños

O historiador Carlos Barros explícanos un dos principais episodios da nosa Historia

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A Revolta Irmandiña foi un episodio histórico decisivo non só para a Historia de Galicia senón tamén para a historia das mentalidades. Aquela coalición de labregos, mercaderes, cregos e pequena nobreza contra a gran aristocracia de Galicia deixou unha fonda pegada no imaxinario colectivo. Aínda hoxendía, os Irmandiños continúan a ser un referente cultural, social e mesmo político para moitos colectivos en Galicia. Carlos Barros, medievalista e profesor da USC -posiblemente o maior experto no fenómeno irmandiño- resume nesta entrevista de 40 minutos as claves da revolta, as súas orixes, consecuencias e mesmo as súas anécdotas, coa voz dos seus protagonistas. Unha entrevista de Santi Pastoriza.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Historia de Galicia, USC

Claves

Entidades