Do mesmo xeito que o Iukón ou California quedaron irremisiblemente marcadas na súa historia polas febres do ouro que se desenvolveron nos seus territorios, ou que o petróleo está a influÃr no aspecto e a sociedade futura de moitos paÃses de Oriente Medio, en Galicia tivemos tamén unha febre mineral que marcou en boa medida a nosa evolución histórica. A pegada do volframio, que no seu dÃa deu de comer a moitas familias e creou non poucas fortunas, comeza agora a aparecer como un recurso turÃstico e cultural.
A extracción de Volframio en Galicia iniciouse de xeito máis ou menos sistemático na altura da I Guerra Mundial, atendendo á importancia deste mineral, para a industria de armamento. De calquera xeito, o perÃodo de maior explotación deuse durante cara a 1942, cando os depósitos galegos acadaron un grande interese estratéxico. “En ningún outro sector económico tivo Galicia tanta importancia na escena mundial como no caso do volframio. Durante a II Guerra Mundial o nome das minas galegas estaba en todas as chancelerÃas”, explica Xoán Carmona, catedrático de Historia e Institucións Económicas da USC, que o pasado venres 31 daba unha conferencia sobre “O wolframio na historia de Galicia” nas II Xornadas de Patrimonio de Lousame. En concreto, foron os alemáns os que se preocuparon de garantirse o subministro do mineral. “Os nazis tiñan centralizado en Vigo o negocio do volframio en España”, sinala este investigador, e mesmo chegaron a controlar directamente a explotación das minas de Casaio, no Barco de Valdeorras.
As minas
As principais instalacións dedicadas á explotación deste mineral foron as minas de Varilongo, en Santa Comba, San Fins en Lousame (a máis antiga), Fontao, en Vila de Cruces, Monte Neme en Carballo e as xa mencionadas de Casaio no Barco de Valdeorras. A importancia destes complexos deron na construción de abondosas instalacións auxiliares, como vivendas para acoller os milleiros de traballadores que acudÃan a estas zonas atraÃdos polas posibilidades de acadar riquezas. En Fontao, por exemplo, consérvase aÃnda a igrexa, o cine, a escola e o bar do poboado mineiro.
A pegada económica
“A curto prazo tivo un impacto moi forte, que foi moi evidente tamén a nivel macroeconómico”, apunta Carmona. A riqueza do volframio tivo un certo reparto nas diferentes capas da sociedade, en boa medida, segundo explica este investigador porque “foi unha eclosión moi rápida, e este tipo de fenómenos sempre permiten un certo reparto dos beneficios”. En xeral “beneficiou en pequena medida a milleiros de persoas, moitos pequenos propietarios das zonas de extracción e algúns especuladores”, apunta. “Tamén se aproveitaron notables locais das zonas do volframio, coma médicos ou mandatarios, que fixeron de intermediarios ou negociaron concesións”, completa. “De calquera xeito, o negocio tivo diferentes etapas, e non en todas se repartÃan igual os beneficios. Segundo Carmona, “na última explosión do volframio, durante a Guerra de Corea, o negocio estaba xa máis estruturado e os beneficios Ãan para grupos coma o Fierro”.
Os investimentos
Dentro do paÃs, este mineral sustentou, de xeito indirecto, algúns dos principais despegues empresariais que se deron dictadura. “Un dos efectos máis rechamantes do negocio do volframio foi a explotación das minas de San Fins por industrias galegas do grupo do Banco Pastor. Non é casualidade que, se no 42 foi a grande explosión do volframio, en 1943 ese grupo económico fundase Fenosa e máis tarde entrase en Astano”. A un nivel máis popular, a pegada do volframio “deu para que moitas familias adquirisen as terras que podÃan ter en parcerÃa, por exemplo. E tamén se investiu moito en gando”, lembra este investigador. A dispersión dos beneficios, en moitos casos clandestinos, fan que sexa moi difÃcil comprobar ata que punto permitiu esta minerÃa aliviar os rigores da posguerra.
Pegada social
Para alén da importancia económica, a explotación mineira tivo tamén un importante impacto social. “Antes e durante a Guerra Civil, os núcleos mineiros eran dos que contaban cunha maior sindicación e conciencia polÃtica. É coñecido o papel que xogaron os mineiros de Lousame ao marchar sobre Compostela nos primeiros dÃas da contenda”, explica Carmona. Mesmo durante as fases máis duras da represión franquista, “houbo certos elementos polÃticos e sindicais. Nalgunhas minas empregábase os represaliados coma man de obra forzada, e noutras a guerrilla estaba infiltrada. Eran conscientes de que nas minas se xogaban cuestións decisivas da II Guerra Mundial e participaron colaborando para dificultar os envÃos a Alemaña”.
As pegadas que restan
Malia a que co fin da Guerra da Corea a explotación do volframio comezou a esmorecer ata dar na ruÃna de todas as minas, o papel que poden ter estas instalacións no noso futuro aÃnda non está pechado. “Se as cousas se fan ben poden ser un patrimonio importante. Son elementos rehabilitables e visitables con moito interese. Hai elementos materiais para ver e posúen tamén un elemento de mercadotecnia moi importante. Todo o tema da II Guerra Mundial conserva un grande atractivo mediático e facendo unha boa promoción para as empregar como recurso, pódese ter un impacto mesmo fóra da PenÃnsula”, explica este investigador, que avoga por integrar estas explotacións abandonadas en redes de patrimonio industrial. Polo momento, en Lousame as minas de San Fins están en proceso de restauración. En Fontao o poboado mineiro transformouse en vivendas sociais. O edificio principal das minas de Varilongo está disposto para acoller actividades socioculturais. Queda aÃnda moito traballo por facer, pero, aos poucos, semella que este patrimonio esquecido comeza a espertar, e que as minas do volframio poden ter aÃnda algo que dicir no noso futuro.