O mapa da Revolta Irmandiña acada as 78 referencias coas achegas dos usuarios

As Irmandades xeolocalizadas

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
O 5 de setembro publicamos unha reportaxe da nosa serie Turismo Cara B percorrendo importantes lugares vinculados á historia da Revolta Irmandiña. Para contar esta historia e axudar aos usuarios a localizar o emprazamento destas ruínas e lugares, empregamos Tagzania, unha ferramenta para xeolocalizar os lugares, é dicir, para marcalos nun mapa no que se pode visitar desde o aire os lugares e saber o xeito de acceder. Desde aquela, Xavier Feixoo, afeccionado á Historia e mantedor do sitio concellodesandias.com, enriquecía o mapa da Revolta Irmandiña en Galicia con importantes achegas que desvelaban outras fortalezas e lugares de batallas deste gran acontecemento do final da nosa Idade Media. Ata o momento, no mapa irmandiño hai 78 referencias de lugares vinculados á revolta. Pero ti tamén podes completalo coas túas achegas, engadindo lugares e etiquetándoos co tag “irmandiños”.

O mapa da Revolta Irmandiña; o tag "irmandiños" en Tagzania e o noso tema do día

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Idade Media, Turismo, Medios de comunicación