Do vidro á galería

O Museo do Pobo acolle a mostra Reflexarte, centrada no traballo con cristal

31/1/2012 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: arte
1 lecturas | Compartido 0 veces

Fragmento de Un mar de follas, de María Xosé Díaz

A coincidir co 75º aniversario da cristalería El Reflejo, da Coruña, os responsables deste establecemento iniciaron o proxecto de facer unha exposición de traballos artísticos co vidro como material. Deste xeito naceu Reflexarte, un proxecto no que se amosan as posibilidades expresivas deste material da man de diferentes creadores e creadoras do noso país.
Traballos de Soledad Penalta, Tiago Madeira, Manuel Patinha, Paco Pestana, Álvaro de la Vega, Tono Galán, Montse Rego, María Xosé Díaz, Carmen Senande, Acisclo Manzano e Julia Ares fan parte da montaxe, que se pode ver ata o vindeiro 26 de febreiro no Museo do Pobo Galego.

O proxecto xa se puido ver no Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa da Coruña en decembro de 2010, e visita agora Compostela desde onde está previsto que continúe a súa itinerancia cara ao centro cultural da Deputación de Ourense.

Universo culturagalega.gal