Corren novos tempos para a obra social de Novacaixagalicia, o seu consello de administración aprobou onte as primeiras medidas do seu plan estratéxico 2012-2016 que derivan importantes cambios para a actividade cultural. Dunha banda, suporá o cese de actividades de tres centros (Centro Social de Cervantes en Santiago, o Centro Profesional de Ourense e a sala de exposicións do Barco). Da outra, establecerá un novo modelo de xestión no que atende ás artes escénicas e musicais. Iso implicará varias cousas: unha reducción de horarios (haberá máis dÃas e horas pechados ao público), cobrarase unha entrada simbólica en actividades que antes eran de balde e a cesion do espazo pasa a ser de pagamento. No que afecta á programación de espectáculos, cambia o modelo de xestión e o ingreso no despacho de billetes será a clave para as vindeiras contratacións, antes condicionado ao caché. En total, nos vindeiros cinco anos destinarán 170 millóns de euros, cifras moi inferiores aos doutros perÃodos. Por poñer un exemplo non moi alonxado no tempo, entre o ano 2004 e o 2008 investiron neste concepto 415 millóns de euros.