A bancarización da Caixas dificulta a continuidade da súa obra social

As actividades culturais supoñen un terzo do investimento neste concepto

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Os máis de 80 millóns de euros que NovaCaixaGalicia estaba a investir anualmente en obra social corren o risco de desaparecer. O feito de quedar NovaCaixaGalicia con só un 6,84% da nova entidade NCG Banco está detrás deste problema, ao non ter o control sobre os investimentos da mesma. Calcúlase que preto dun terzo dos investimentos en Obra Social estaban destinados a actividades culturais, entre as que se atopaban amplas programacións de música e artes escéncicas, exposicións e outras iniciativas. Ademais, as caixas xestionaban ata o de agora espazos como bibliotecas, centros culturais e educativos e salas de exposición por todo o país.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bibliotecas, Exposicións

Claves