NovaGalicia pecha un dos centros socioculturais de Santiago

O programa estratéxico da obra social Novacaixagalicia presentarase en decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

O centro sociocultural que a Fundación Caixa Galicia mantiña en Santiago (Carreira do Conde) está pechado ao público de forma temporal. É o único da rede de centros sociais e culturais que a bancarización das caixas galegas previamente fusionadas (a saber, Caixanova e CaixaGalicia) non mantén actividade. De feito, o concello de Santiago quixo contar con este escenario como unha das sedes habituais de Cineuropa, o festival de cinema, e tivo que buscar outras alternativas ante o peche. Fontes da entidade confirmaron o estado temporal de inactividade deste local ata a presentación do “Programa estratéxico da Obra social e Cultural da NovaCaixaGalicia”, que terá lugar en decembro. Este documento conterá os centros, usos e liñas de actuación da entidade.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Cineuropa, Fundación Caixa Galicia, Caixanova...