As caixas non estarán obrigadas a gastar un mínimo dos seus beneficios en obra social

Caixas menos sociais

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
A aplicación a Galicia das Normas de Contabilidade Internacional librará as caixas galegas de ter que investir un mínimo do seus beneficios netos en obras sociais. A Xunta, que recolle esta mudanza na Lei de Acompañamento dos Presupostos para o 2005, obrigaba a estas entidades a ceder entre un 25% e un 30% desta cantidade a investimentos en cultura e en gasto social. Deste xeito, as caixas contan cun patrimonio cultural acumulado de máis de cen millóns de euros, con centros culturais, salas de exposicións ou centros da terceira idade, e só no 2002 investiron dez veces máis que a Administración Autonómica en cultura, segundo informa La Voz de Galicia.

Máis información en La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con La Voz de Galicia, Exposicións

Claves

Entidades
Conceptos