A entrada en vigor das Normas Internacionais de Contabilidade da Unión Europea obrigou que a Xunta modificase a normativa galega que afecta ás Caixas de Aforro. Un cambio que supuxo a eliminación do mÃnimo que as entidades deberÃan investir en obra social e que ascendeu a 410 millóns de euros nos últimos sete anos. ¿Quere dicir iso que diminuirá a programación de teatro, cine, as exposicións ou, entre outras actividades, as bolsas para estudantes que custeaban as Caixas?
“Non vai haber cambios”. Esta é a mensaxe tranquilizadora que desde o departamento de Obra Social de Caixa Galicia se fixo ante a dúbida de que a falta de obligatoriedade implicase unha caÃda forte en obra social. Unha aseveración que xa está no papel, xa que os responsables desta entidade e o de Caixanova, José LuÃs Méndez e Julio Fernández Gayoso respectivamente, veñen de asinar un convenio co goberno galego polo que o investimento queda garantido para os vindeiros tres anos. Un montante que ascende a 270 millóns de euros (repartidos entre obra benéfica, asistencia social, cultura, medio ambiente, docencia e deporte de base, reservándose unha procentaxe de libre designación para o que as entidades financeiras consideren importante). Este ano 2005 a ConsellarÃa de Cultura ten un orzamento de preto de 305 millóns de euros, e estas dúas entidades sóas achegarán ao noso tecido cultural uns noventa millóns de euros.
Cultura por lei
A Lei de Caixas de 1995 forzou que as entidades financeiras pasaran de investir un 13% do seu beneficio neto ata o 30%, chegando a superar moitas veces o mÃnimo fixado por lei. Un bocado cultural nada desprezable que o público puido ver en exposicións, ciclos de cine, concertos e festivais que se estenderon ao longo dos numerosos centros que as caixas foron reformando e rehabilitando para tal efecto.
Pero a situación acaba de mudar. O 1 de xaneiro de 2005 entraban en vigor as chamadas NIC, normas de contabilidade internacional. Unha normativa que afecta a todas as entidades que cotizan en bolsa e polas que as partidas destinadas a obra social pasan de ser un investimento a ser consideradas como gasto. A entrada en vigor das NIC implicaba un cambio nas Leis de Caixas de Aforros, e cada comunidade foi introducindo as modificacións. Galicia era a última comunidade en facelo e fÃxoo na lei de acompañamento dos presupostos de 2005 aprobados no Parlamento o mes de decembro e que comezou a aplicarse co inicio do ano. A medida afecta unicamente a Caixas, xa que tal e como explica o gabinete de prensa da ConsellarÃa de EconomÃa, os Bancos non teñen obra social debido á súa diferente natureza fundacional e xurÃdica.
OBS: cultura da Caixa
A este capÃtulo chámaselle Obra Benéfico Social, unha partida que as entidades financeiras reparten entre disciplinas tan dispares que van desde a formación educativa (as bolsas) ata programas de promoción do emprego. Caixa Galicia desenvolve obra social desde 1978 e, tal e como figura no seu sitio web, cumpren con múltiples obxectivos que abranguen campos ben diferenciados como “achegar enfoques novedosos e desenvolver unha función de motor intelectual en todas e cada unha das súas actuacións e anticiparse á detección de problemas emerxentes da nosa sociedade e contribuir ao seu tratamento”. Unha filosofÃa que Gema GarcÃa Abril responsable de programas e convenios de Caixa Galicia, resume nun “combater a exclusión social e contribuir ao desenvolvemento socioeconómico e cultural de Galicia en todas as súas posibles manifestacións”. Uns obxectivos que comparten coa obra social de Caixanova. En todo caso, o concepto “obra social” é un saco no que cabe todo, desde a merca de inmobles en diferentes localidades, programas de asistencia social en xeriátricos ata a compra de obras de arte para as colecións propias que teñen as entidades. Partidas que desde o primeiro de xaneiro son gastos e non investimentos.
O caso de Caixa Galicia
Este ano, tal e como avanza Gema GarcÃa Abril, Caixa Galicia “inaugurará un centro xeriátrico de Vigo e os edificios socioculturais de A Coruña e Ferrol” dentro das actividades máis destacadas. Ademais, desde este departamento destacan que a nova situación normativa non vai a afectar ao seu compromiso social e por iso van “continuar co desenvolvemento dos programas sociais e culturais (para maiores, microcréditos, actividades en centros propios...)” Sobre os criterios que van marcar as asignacións presupostarias logo da eliminación do minimo obrigatorio, Germa GarcÃa Abril explica que serán os que “garantan o mantemento das nosas obras sociais e das áreas de investimento”. En total, o departamento de obra social de Caixa Galicia contou con 51,5 millóns de euros para desenvolver todas as súas actividades.
A situación en Caixanova
Se Caixa Galicia está pendente de inaugurar algún edificio sociocultural, Caixanova non é menos. En breve inaugurará un centro en Ourense, cuxos atrasos obrigaron a trasladar a exposición da bienal de Gravado ata Vigo. Para este ano está prevista tamén a inauguración do centro da Coruña, mentres Cesar Portela continua co proxecto de obra do centro en Pontevedra, que abrirá as súas portas no 2006. Teatro, cine, música e exposicións que chegaron durante o 2004 a dous millóns de persoas e que foron unha parte dos trinta millóns de euros que destinou a entidade nese ano.
Tanto Caixanova como Caixa Galicia enriquecen o tecido cultural deste paÃs coa súa nutrida rede de salas e cos seus programas sociais e, aÃnda que contan con polÃticas culturais diferentes, forman parte do noso sistema cultural.