A polivalencia é unha das caracterÃsticas dos centros que están abertos da Cidade da Cultura. Biblioteca e Arquivo serven, ademais das función que encerran as súas propios denominacións, como espazos de rolda de prensa, xornadas, conferencias, presentacións, espectáculos de teatro, exposiciónsÂ…. Unha situación semellante que lle acontecerá ao Museo que abrirá as súas portas nos primeiros meses do ano. Será cunha exposición sobre a historia da pedra en Galicia, con Miguel Fernández Cid como comisario e que terá a Manolo Paz e a Francisco Leiro como protagonistas. Pero na actividade programada do centro destaca tamén un concerto a banda noruega Ulver. Ademais, tal e como asegura na súa edición de hoxe El Correo Gallego, haberá oco para concertos e de escaparate de “importantes coleccións privadas”.