A cultura prepárase para festexar o Día das Letras Galegas

Día de letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O sábado celébrase o Día das Letras Galegas. Unha xornada na que están programadas actividades como concertos, recitais, conferencias e manifestacións reivindicativas por toda Galicia. O acto central é o que convoca a Real Academia Galega que terá lugar en Vigo, cidade na que desenvolveu a maior parte da súa actividade Xosé María Álvarez Blázquez. Pola súa banda, Emilio Pérez Touriño, presidente da Xunta, aproveitou onte a rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta, así como a participación nun acto da Casa Museo Rosalía, para falar da situación do galego e apostar por un "bilingüismo libre e integrador”. Ademais, a prensa galega aproveitará a efeméride para achegar esta fin de semana especiais e publicacións arredor da cultura galega e do homenaxeado nesta ocasión.

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día das Letras Galegas, Emilio Pérez Touriño, Xosé María Álvarez Blázquez, Xosé María Álvarez...