A diáspora tamén celebrará o Día das Letras Galegas con diferentes actos

Semana das letras

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Nos días previos á celebración do Día das Letras Galegas, diferentes entidades incorporan as súas actividades para conmemorar a efeméride. Entre as campañas sociais destaca a promoción de Gadis, de incorporar nas bolsas da compra textos de Xosé María Álvarez Blázquez, homenaxeado nesta ocasión; ou a mobilización cívica da Mesa pola Normalización, baixo o lema “Polo dereito a vivirmos en galego”. Ademais, o presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, inicia o xoves unha viaxe a Brasil e Arxentina para conmemorar coa diáspora esta festividade. Encontros institucionais, unha exposición e a presentación de varias publicacións, centran unha visita na que tamén se pretende recoñecer o traballo dos emigrantes que conservaron a nosa identidade.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Día das Letras Galegas, Diáspora, Xosé María Álvarez, Emilio Pérez Touriño...