O Consello da Xunta autorizou onte á Consellaría de Economía a apoiar a actividade expositiva da Fábrica de Cerámica Sargadaelos. A través dun convenio de colaboración concederalle 354.000 euros co obxectivo de apoiar a internacionalización da cerámica galega. Segundo figura na referencia do Consello implica a “infraestrutura necesaria para a montaxe de exposicións con pezas singulares, así como de exposicións monográficas conxuntas e mais obradoiros experimentais de cerámica”. Sargadelos conta con 15 galerías que funcionan con distribución en exclusiva, e prevé engadir a presenza en 60 tenda multimarca en España, Asia e América.

