A rede de centros do Instituto Cervantes incrementará a presenza da cultura e da lingua galega na súa programación. Esta mañá, a responsable desta entidade Carmen Caffarel asinaba un convenio marco de colaboración con Ramón Villares, presidente do Consello da Cultura Galega. Este acordo, que ten unha vixencia inicial de tres anos, preve a realización de actividades conxuntas como conferencias, exposicións ou coloquios. Na mesma visita, Caffarel impartiu unha conferencia na sede do Consello sobre a presenza da nosa cultura na rede do Cervantes. O Consello asinara recentemente un protocolo semellante co portugués Instituto Camões.
A Cultura Galega espallarase na rede do Instituto Cervantes
O Consello da Cultura asina un convenio marco con esta institución
23 lecturas | Compartido 0 veces
Ligazóns externas
Universo culturagalega.gal
Universos
Claves
Protagonistas
Conceptos
Lugares