O Consello da Cultura e o Instituto Camões organizarán actividades conxuntas

As dúas entidades asinaron esta mañá un convenio en Compostela

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Actividades e proxectos conxuntos, intercambio de publicacións, conferencias, cursos ou exposicións son algunhas das actividades que coorganizarán no futuro o Consello da Cultura e mais o Instituto Camões. O convenio marco que asinaron esta mañá Ramón Villares, pola banda galega e mais Ana Paula Laborinho, da portuguesa, abre a porta a múltiples accións comúns que favorezan a presenza da cultura galega en Portugal e viceversa. Os dous representantes anunciaron a súa intención de desenvolver o contido deste convenio-marco en accións concretas, e Villares lembrou a importancia que para o noso país ten levar unha política activa de cara aos países de lingua portuguesa. Laborinho, pola súa banda, salientou a importancia de contar con Galicia e España como parceiros destacados da súa institución.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A hora da apertura

A hora da apertura

O portugués afianzará a súa presenza en Galicia da man do Instituto Camões

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ramón Villares, Exposicións, Portugal, Consello da Cultura Galega...