O homenaxeado no DÃa das Letras Galegas de 2012, ValentÃn Paz Andrade (1898-1987) é tamén o protagonista da actividade do Consello da Cultura Galega para o vindeiro ano. O plenario da institución aprobou onte Plan de Actividades de 2012 nos que destaca unha exposición sobre o intelectual. A mostra exhibirase no Brasil, paÃs co que Paz Andrade mantivo unha fonda relación e que permitirá ao Consello continuar co seu traballo de acción exterior. Malia o recorte orzamentario, o Consello seguirá coa súa liña de actividades de asesoramento e xornadas de reflexión no eido da cultura.
O Consello da Cultura proseguirá, segundo unha nota de prensa remitida “nun marco de importantes restricións orzamentarias, as funcións de alta asesorÃa en materia cultural, os traballos de recuperación patrimonial e a realización de informes e debates que tendan pontes entre o sector cultural e a sociedade galega”.
Acción exterior
No eido da acción exterior, alén da exposición sobre Paz Andrade e as actividades enfocadas á emigración e exilio en colabroación cos centros do exterior, o Consello da Cultura tamén ten previstas outras actividades. Prevense actos en Arxentina ou Venezuela aproveitando outras efemérides: o 50 aniversario da Historia de Galicia dirixida por Ramón Otero Pedrayo e a conmemoración do centenario do nacemento de de Celso Emilio Ferreiro (1912-1979), emigrante e autor, entre outras obras, de Viaxe ao paÃs dos ananos.
Outras actividades
No 2012 realizaranse actividades relacionadas coa recuperación de fondos patrimoniais (arquivos de Radio Nacional de España e Radiotelevisión Española en Galicia) os fondos e documentos de ValentÃn Paz Andrade e do Consello de Galiza. Canda a ela, continurase coa liña de traballo habitual de realización de informes e asesorÃas, en paralelo a xornadas de reflexión e debates. Segundo a nota de prensa, “impulsaranse exposicións como Asociacionismo cultural en Galicia (1961-1975) e continuarase o programa de publicacións, privilexiando a edición electrónica a través da web institucional www.consellodacultura.org e o portal cultural www.culturagalega.org”.