Seis novos creadores reinterpretan a Cidade da Cultura

O público poderá facer as súas propias intervencións nunha segunda fase do proxecto

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Vista dunha das intervencións

Vista dunha das intervencións

Todo comezou en setembro, no marco do Encontro de Artistas Novos, cando lle pediron a diferentes creadores contemporáneos que reinterpretasen a cidade da cultura nunha exposición que chamarían Inside. Marlon de Azambuja, Elena Fernández Prada, Alicia Martín, Pamen Pereira, Jorge Peiranes e Damián Ucieda son os responsables dalgunhas iniciativas que converten o espazo nunha aldea rural, nun invernadoiro vertical, nunha alfombra de cores ou unha Torre de Babel con máis de 3.000 libros integran. A sétima proposta deste proxecto chámase Container Inside e trátase dunha obra colectiva resultante do encontro, elaborada por 100 mozos creadores debateron sobre o posicionamento actual do artista e o devir da produción artística contemporánea.

Inside terá unha segunda fase na que o público tamén poderá facer a súa propia intervención grazas ás ferramentas tecnolóxicas que Anna Carreras e Ramón Illobre porán a disposición de todos os visitantes no Museo de Galicia. Alí, o visitantes poderán xerar unha obra e expola de forma virtual no último dos edificios do Gaiás aberto ao público.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

As elexidas

As elexidas

Unha exposición escolma as obras preferidas dos creadores galegos dos últimos trinta anos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pamen Pereira, Torre, Museo de Galicia, Gaiás...