Unha exposición de revistas escolares e mais unha mostra virtual de iniciativas a prol da lingua son as iniciativas coas que a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica celebra os 20 anos de existencia de Equipos de Normalización nos centros de ensino do paÃs. O secretario xeral, Anxo Lorenzo, inauguraba esta mañá no Museo Pedagóxico de Galicia a iniciativa, na que se poden ver exemplos destas publicacións escolares. Segundo Lorenzo "escollemos as revistas porque son un tipo de actividade que os equipos levaron adiante dunha maneira constante desde 1991 ata hoxe” e porque "a evolución destas publicacións é a evolución dos equipos de dinamización”.
Canda á exposición, PolÃtica LingüÃstica dispoñibiliza no seu web unha selección de vinte iniciativas no campo da dinamización do galego que se desenvolveron en diferentes centros de ensino do paÃs e para distintas etapas educativas.
A exposición permanecerá aberta no Museo ata o vindeiro 15 de marzo. A coincidir con esta, no centro pode verse tamén, ata o 27 de xaneiro, a mostra Cadernos Escolares: redaccións, copias ditados.... O proxecto, elaborado polo Museo Pedagóxico da Universidade de Salamanca, fai un percorrido histórico por cadernos e material escolar de diferentes xeracións.