Xurxo Martínez González gaña a XII edición do Premio de poesía Díaz Jácome

O acto de entrega terá lugar o vindeiro 23 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

O poemario “Nocturno de Mondoñedo” de Xurxo Martínez González acaba de ser o mercedor do premio Díaz Jácome. Un galardón que concede o Concello de Mondoñedo para estimular a creación poética entre os menores de trinta anos. O premio, dotado con 1.500 euros e un diploma, entregarase o vindeiro 23 de decembro nun acto organizado polo concello.

Segundo as bases, “os orixinais premiados integrarán o fondo do patrimonio da Biblioteca Pública Municipal Pena Trapero de Mondoñedo, podendo ser editadas pola mesma ou polo Concello de Mondoñedo, sen necesidade do permiso do autor ou autores”.

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xurxo Martínez González, Poesía, Concello de Mondoñedo

Claves

Conceptos
Lugares