Anxo Lorenzo Trío leva o premio do público no Folkherbst Festival

O grupo galego impúxose a unha formación checa e unha irlandesa neste encontro en Alemaña

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O público do Folkherbst Festival que se celebrou a finais do pasado mes de outubro en Alemaña, escolleu os galegos Anxo Lorenzo Trío como mellor grupo da última edición. O grupo deste gaiteiro actuou no evento o pasado 29 de outubro, conseguindo unha grande aceptación dos afeccionados no que é a principal cita de música folk en Alemaña. Nas votacións, os galegos impuxéronse á formación irlandesa Nua Caladh e aos checos Bezobratri. No próximo mes de xaneiro a banda voltará a este país para recibir o premio e ofertar un novo concerto en Plauen. O premio do xurado do festival foi para premio do xurado foi para os franceses Pad Prapad.

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Folk, Anxo Lorenzo, Alemania

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares