Büdelsdorf é unha localidade situada no norte de Alemaña que celebra anualmente NordArt, un festival especializado en arte contemporánea ao que se presentan unhas tres mil solicitudes de artistas. Un xurado, liderado polo comisario Wolfgang Gramm, selecciona entre as peticións 240 artistas que farán in situ a súa obra. Nesta ocasión hai, dos oito españoles seleccionads, cinco galegos. Son Manuel Ferreiro Badía (A Coruña, 1944), Nando Álvarez, Antonio Vigo Pérez (Madrid, 1972 pero afincado en Galicia) Ana Pérez Ventura (Santiago, 1981), Xurxo Vázquez (Vigo, 1948). A cita, que se desenvolve nos meses de verán, arrincou o pasado 8 de xuño e permanecerá aberta ata o 6 de outubro.