O violinista Pinchas Zukerman abre a edición do Festival Mozart

A cita desenvólvese ata o 26 de xuño

7/5/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

O violinista Pinchas Zukerman

Con tres grandes reclamos no programa (Mozart, Beethoven e Brahms) e Ángela Cheng no Piano, o coñecido violinista Pinchas Zukerman abre esta edición do Festival Mozart. Unha cita que arrinca mañá no Teatro Rosalía de Castro, espazo no que se desenvolverán as maiores representacións nesta ocasión. Esta edición aséntase en dous piares: a ópera e a obra do compositor salzburgués Wolfgang Amadeus Mozart que lle dá nome ao festivo pero que perderá protagonismo nos últimos anos.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mozart, Festival Mozart, Rosalía de Castro, Beethoven...