Mozart e a ópera protagonizan esta edición do Festival Mozart

No programa hai nomes propios como Lorin Maazel, Richard Egarr ou Andreas Spering

23/4/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

É unha das citas musicais máis importantes do ano. O Festival Mozart mantén o orzamento da edición de 2012 (500.000 euros) e, aínda que lonxe do millón de euros de encontros pasados, mantén o nivel de calidade e de figuras. Estará Lorin Maazel que regresa para dirixir La Fanciulla del West cunha colaboración co Festival de Castleton de Virxinia (Estados Unidos). A ópera e o composicións de Mozart recupera o protagonismo nunha cita que se estende do 8 de maio ao 26 de xuño.

Un total de 16 obras de Mozart entre aberturas, arias, sinfonías, música de cámara, así como o seu Réquiem conforman o esquelete desta edición do festival. Onde a outra espiña dorsal desta edición está conformada pola ópera.

Nomes propios
Alén de nomes moi coñecidos para o público como o de Lorin Maazel debutan artistas do prestixio de Richard Egarr, Andreas Spering, Jiří Bělohlávek e Pinchas Zukerman. Ademais, Christian Zacharias regresa ao festival pero como artista en residencia e a cargo de catro programas: un recital de piano, un concerto con música de cámara de Mozart e Schubert e dous concertos sinfónicos.

Por outra banda, o certame suporá a despedida de Víctor Pablo Pérez como director titular da OSG, aínda que permanecerá vencellado a ela.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mozart, Ópera, Lorin Maazel, Festival Mozart...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares