Montserrat Caballé e Lorin Maazel,figuras no Festival de Música máis internacional

A música de Galicia

O Festival de Música de Galicia recupera todo o seu esplendor na súa cuarta edición. E faino cun cartel cargado de grandes figuras que levarán un programa de excepción a marcos privilexiados como a praza do Obradoiro, a Quintana, o Auditorio de Galicia, a Catedral, o Cementerio de San Domingos de Bonaval e o Claustro de San Martiño Pinario. Pero non só Santiago servirá de cuna deste evento, senón que Pontevedra, A Coruña e Ourense poderán acariñar parte desta gloria que comezará o día 1 de xullo cun concerto portagonizado pola soprano Montserrat Caballé.

Principais figuras


A IV Edición do Festival de Música de Galicia continúa un ascenso meteórico. Non só de popularidade senón tamén de calidade e de figuras. Onte a asesora técnica do Festival, Susana Lozano, deu conta do programa que está previsto para este ano, e desde o seu inicio o 1 de xullo, e o seu final, o 19 dese mesmo mes, está cargado de figuras e de nomes recoñecidos de primeiro nivel.
A encargada de poñer o inicio é Montserrat Caballé que abrirá a mostra musical cun concerto no que estaría acompañada pola Orquetra Xove da Sifnónica de Galicia. Unha actuación na que interpretará obras de Verdi, Mascagni, Cilea, Massenet, Chapí, Serrano, Barbieri e Giménez.
Un concerto que deixará o listón ben alto que ten citas moi importantes como o día 9 cando Jordi Savall, un dos intérpretes de música antiga demaior prestixio europeo. Logo o día 15 terá lugar un dos principais concertos que dirixirá Lorin Maazel, titular da Orquestra Filharmónica de Nova York que contrá coa orquestra italiana Maggio Musicale Fiorentino. E para a ocasión teñen previsto interpretar unha obra moi pouco frecuente neste tipo de eventos: "O segredo de Susana".
E como resaca deste concerto a compostelana praza da Quintana e o Palacio da Ópera da Coruña, respectivamente, ofrecerá a posibilidade de asistir a unha zarzuela con "A do manoxo de rosas".
E o 18 de xullo, logo do éxito que tivo o ano pasado a sesi´n de Gospel, o cemiterio de San Domingos de Bonaval acollerá o concerto do Chicago Cosmopolitan Choir. Un dos mellores coros do mundo na interpretación deste xénero musical.

Homenaxe


E esta edición do Festival de Música de Galicia terá varios puntos claves. O primeiro deles é a homenaxe que se lle fará a Farinelli, cantante da corte de Fernando VI, nun concerto que estará protagonizado polo sopranista español Flavio Oliver. Pero non é a única homenaxe que se renderá, senón que a pianista Alicia de Larrocha, de grande prestixio internacional, lle ofrecerá ó seu amigo Montsalvatge do que tocará dúas pezas.
E outra das homenaxes non terá que ver con ningún intérprete senón cunha cidade: Porto. E é que a Orquestra Nacional de Oportono interpretará a Beethoven o día catro de xullo no auditorio da Universidade.
E o Festival de Música de Galicia pretende que este certame non sexa pechado á cidade de Compostela. Por eso A Coruña, Ferrol, Ourense, Lugo e Pontevedra tamén serán sé de presentación deste evento acollendo varias actuacións dun programa que se presenta para todos os gustos e máis diversificado que nunca.