Ainhoa Arteta e Lorin Maazel principais reclamos do Festival Música de Galicia

Música para Galicia

25/5/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
O vindeiro primeiro de xullo arrinca en Compostela o Festival Música de Galicia. E faino co prato forte, a soprano vasca Ainhoa Arteta que actuará na praza do obradoiro no único evento que está programado ao aire libre. Por diante queda un total de 22 espectáculos espallados por toda Galicia que inclúen desde unha zarzuela, varios recitais líricos e concertos de música antiga. O outro gran reclamo do festival será o director Lorin Maazel que actuará o día 15 no Auditorio de Galicia dirixindo á Filharmónica Arturo Toscanini. A Real Filharmonía de Galicia será a encargada de pechar o evento o día 22 cun concerto dirixido por Harry Christophers no que actuará a soprano Elizabeth Cragg.

Máis información en La Voz de Galicia e Galicia Hoxe

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lorin Maazel, Galicia Hoxe, Real Filharmonía de Galicia, La Voz de Galicia...