Os Premios Maketon recoñeceron o mellor da escena musical de Vigo

Anxo Lorenzo levou o galardón pola súa traxectoria musical

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Os Premios Maketon recoñeceron o mellor da escena musical de Vigo

A música viguesa viviu onte unha noite de festa e recoñecementos coa entrega dos Premios da Música Maketón na súa 16ª edición. Os galardóns que levan o nome dun programa local da emisora Los 40 simbolizan o traballo por e para a escena musical viguesa e contan co patrocinio da sidra MAELOC. Na gala presentada por Emma Placer na Sala RADAR entregáronse as seis estatuíñas deseñadas por Gonzalo Dapresa, cada categoría contaba con cinco finalistas. O gaiteiro Anxo Lorenzo recibiu o Premio á Mellor Traxectoria Musical e a banda de rock Aphonnic o de Mellor Disco por Indomables, editado por Malditos Records. O Premio ao mellor Directo foi para a banda de hard rock Cherokee, na categoría de mellor videoclip de grupo local, o premio foi para oa veterana formación Tronka jazz quartet polo video da canción Tu vieja me Pone. Os premios Maketón recoñeceron como mellor produtor do ano a Luis Antelo un referente que leva anos traballando en Estereoarte Estudios con artistas como Iván Ferreiro ou Ragdog entre outros. Un dos seus último traballos, Enefene, do grupo Dallasgracias foi o gañador do Premio ao Mellor Disco Autoproducido do ano. Os grupos locais Presumido e Basanta tocaron en directo no evento.

Que che parece esta nova?
49 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Anxo Lorenzo, Rock, Vigo, Iván Ferreiro...

Claves

Conceptos
Lugares