O premio Maketón ao mellor disco vigués vai para o Upskirts de The Blows

Juan Rivas foi premiado por toda a súa traxectoria musical

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

A gala da oitava edición dos premios Maketón Estrella Galicia, que recoñecen o mellor da escena musical viguesa, rematou cun palmarés no que o Upskirts (Pupilo Records) de The Blows aparece como o mellor disco do 2008, o premio ao mellor directo foi para o grupo galego-arxentino Phantom Club, mentres que a traxectoria musical de Juan Rivas foi, este ano si, premiada polas votacións. Rivas xa acumual con esta tres estatuíñas do Maketón en distintas categorías. O premio á mellor maqueta de grupo local 2008 foi para Inerttes. Pechouse a gala coa entrega do premio especial 2008 aos "CASTROCONCERTOS", da Concelleira de Xuventude do Concello de Vigo polo apoio aos grupos noveis de Vigo.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xuventude, Concello de Vigo, Estrella Galicia

Claves

Conceptos
Lugares